He visto por ahí las fechas de las fiestas de la zona:
FESTAS PARROQUIAIS
ROMARÍAS
OUTRAS CELEBRACIÓNS
En Pazos de Borbén celébranse Festas parroquiais en tódalas aldeas do Concello, ademáis de dúas festas gastronómicas que tratamos en capítulo aparte, asi como tamén unha importante Romaría.
FESTAS PARROQUIAIS
En Nespereira, O Carme en xullo e Santa Teresa en outubro.
En Amoedo, San Amaro o 15 de xaneiro, onde é obriga degustar "o cocido". E o 29 de novembro San Saturniño, patrón da parroquia.
En Pazos: Santa María, que é a patrona do Municipio, o 15 de agosto.
En Borbén: Nosa señora da Blanca, o primeiro domingo de agosto, e Santiago o 25 de xullo.
En Ermida: Celébrase a "Festa das Papas", o segundo domingo de Pascua.
En Moscoso: Nosa Señora dos Remedio, o primeiro domingo de xullo.
En Xunqueiras: A Virxe do Rosario, a segunda fin de semana de setembro e San Salvador o 6 de agosto.
En Cepeda: San Pedro en xuño e Santa Lucía o 13 de decembro.
ROMARÍAS
Na parroquia de Borbén celébrase a Romaría do Santo Aparecido, o último sabado de agosto, no parque-miradoiro tamén chamado do Santo Aparecido. Nesta festa pódese disfrutar dunha boa sardiñada amenizada polos grupos folclóricos que ata alí se achegan.
OUTRAS CELEBRACIÓNS
Cada ano organízase en Pazos o Antroido do Concello. Tamén se ven celebrando a chamada Noite Meiga, festival folclórico ó que acoden grupos rexionáis de toda España, e que remata a altas horas da madrugada cunha gran queimada.Tamén cada ano celébrase San Xoán o redor de grandes fogueiras.
FESTAS GASTRONÓMICAS
Festa da Cacheira
Celébrase na parroquia de Pazos e organizaa o propio Concello, constituíndo unha cita gastronómica imprescindible cada mes de febreiro. A festa lévase a cabo no recinto que rodea a Casa do Concello, no que se instala unha carpa e mesas. Pódese degustar un bo plato de cacheira acompañada de patacas e chourizo, entre outro productos.
Festa da Chula
Na parroquia de Moscoso, a principios de setembro.
A Chula é un postre típico galego. A masa elabórase con fariña, ovos leite e azucre e frítese a mezcla en abundante aceite, sendo o resultado moi parecido a filloa, soamente que máis grosa. Nesta festa podemos atopar diferentes variedades deste exquisito plato, pois elabóranse tamén chulas de froitas, de cabaza, e ata de bacalao.
A festa da chula transcorre durante todo un día no adro da Igrexa. Pola mañá comeza un mercado de productos naturáis. Ó medio día pódese xantar polvo e outro pratos, e durante o serán fanse concursos de filloas e chulas.
ONDE XANTAR
Casa Besadío
Especializado en pratos tradicionais.
c/ Carballiño nº 99
Tel. 986 497 004
Casa Rodríguez
Especialidade en arroz con bogabante e mariscos
Amoedo - Iglesia nº 13
Tel. 986 497 135
Bar A Labranza
Especializado en tapas variadas e comidas caseiras.
Pazos, nº24
Tel. 986 497010
Bar Cernadas
Especializado en viños, tapas e comidas caseiras.
Amoedo-Carballiño, nº19
Tel. 986 497 003
Bar "O Torreiro"
Viños e tapas
Fraga do Rei - Moscoso
Tel. 986 497 702
Bar Cruz de Pazos
Especialización en comidas caseras
Pazos nº 42
Tel. 986 497375
Bodegón Coto do Corno
Especialidad en tapas, galo de corral cocido e año asado
A Ermida nº 72
Tel. 609 715693
ONDE HOSPEDARSE
Casa Rural María de Pepa
Amoedo
Tel. 986 497 051
|